Destacada

633 graciñas

Esta noite, 633 nenos, nenas e adolescentes poderán abrir un agasallo gracias a persoas coma ti que, nun ano tan especial, fixeron un esforzo por manter a ilusión nesta noite máxica.

Neste ano tan complicado precisabamos, si cadra, máis colaboración que nunca, e obtivemos unha resposta masiva porque a avalancha de cómplices deixa cifras de récord.

Máis alá das cifras, non nos esquecemos de ese rapaz que gracias a ti, hoxe tardará algo máis en conciliar o sono, e mañá, espertará cedo para abrir ese agasallo que leva desexando dende hai tempo.

Agardamos que a túa experiencia como cómplice teña sido positiva, e que poidas desculpar os erros que cometemos. Para nós é moi importante manter a túa ilusión e nos encantaría poder contar contigo en vindeiros anos.

Si queres comentarnos que che pareceu a campaña e deixarnos algunha idea para mellorala, pincha no seguinte enlace.

graciñas pola túa colaboración

Agardamos que a túa noite sexa tamén máxica e que teñamos un ano 2021 cheo de apertas.

633 GRACIÑAS

Destacada

Regresamos un ano máis

Neste ano especialmente complicado para todos e todas, cavilamos moito sobre a posibilidade de poñer en marcha ou non a campaña.

Por unha banda, nos preocupaba a seguridade de todas as persoas implicadas: nenos, nenas, adolescentes, familias participantes e complices. O ano pasado pasaron preto de 1200 persoas pola nosa oficina para entregar cartas, e entregar e recoller agasallos. Todo ese fluxo producíase en espazos pequenos e nun periodo curto de tempo (decembro e primeiros días de xaneiro).

Pero, por outra, somos ben coñecedores de que as situacións de necesidade incrementaronse de xeito preocupante nos últimos meses, e que moitas familias con nenos, nenas e adolescentes se atopan nunha situación de especial vulnerabilidade.

Co obxectivo de que ningún neno, nena ou adolescente de Pontevedra quedase sin agasallo na noite de reis, decidimos iniciar a campaña cunhas medidas de seguridade especiais e acordes coa delicada situación que estamos a vivir:

1º. Evitamos que as familias acudan ao noso servizo a entregar as cartas presencialmente. Deste xeito recibiremos a inmensa maioría dos desexos dos rapaces e rapazas a través do whatsapp.

2º. Comezamos a campaña con moita antelación. Temos previsto recibir as cartas ao longo do mes de novembro, e envialas aos cómplices a medida que vaian chegando.

3º. Remitiremos aos cómplices tódalas cartas vía whatsapp, evitando a entrega presencial

4º. Espaciaremos a entrega dos agasallos por parte dos cómplices. Para evitar as aglomeracións e as colas en espazos reducidos. Deste xeito, os cómplices irán recibindo as súas cartas de xeito gradual, para que a entrega sexa tamén progresiva.

5º. Os agasallos pasarán un tempo de cuarentena entre a entrega por parte do cómplice e a recepción por parte da familia.

6º. Todas as persoas implicadas cumplirán as medidas de seguridade e hixiene (uso de mascarillas, xeles, desinfección de espazos, distancia, …)

7º. A entrega dos agasallos será gradual e durante varios días para evitar aglomeracións e colas.

8º. Cumprimento de tódalas medidas non incluídas neste listado pero indicadas polas autoridades públicas competentes.

9º. Tentaremos flexibilizar estas medidas e adaptalas a situación cambiante e particular de todas as persoas implicadas.

10º. Faremos fincapé na compra dos agasallos, sempre que se adapte as demandas dos nenos, nenas e adolescentes, no comercio local.

Deste xeito, neste nadal tentaremos chegar a tódolos nenos, nenas e adolescentes en dificultade social de Pontevedra para que poidan ter un agasallo na noite de reis.

Neste enlace, podedes incluir os vosos datos para participar na campaña.

http://bit.do/fKT8v

QR Code for /fKT8v

Graciñas pola colaboración

Destacada

¿Qué é EN-VOLVE?

EN-VOLVE é unha campaña de agasallos para a noite de reis que se ven desenvolvendo en Pontevedra dende o ano 2014 co obxectivo que ningún neno, nena ou adolescente de Pontevedra quede sen agasallo na noite de reis.

A campaña é desenvolta pola Fundación Meniños e conta coa colaboración do Concello de Pontevedra.

Este ano 588 nenos,nenas a adolescentes recibirán, na noite de reis, un agasallo grazas a participación doutros tantos cómplices dos reis magos que colaboran altruistamente coa campaña.

Para colaborar como cómplice só precisabas premer no seguinte enlace, e introducir os teus datos, deste xeito, nuns días, recibías unha carta escrita por un neno, nena ou adolescente en vulnerabilidad social de Pontevedra.

https://docs.google.com/forms/d/1KG80PcbIMWFGKtFLy2mY8TnSlU2oF1-lXA4YSziy_A0/viewform?edit_requested=true

Destacada

Colabora coa campaña

Preme no seguinte enlace e introduce os datos para participar na campaña 2019/2020

Colaborando na campaña en-volve, comprometeste a mercar un agasallo para un neno, nena ou adolescente en situación de vulnerabilidade social de Pontevedra.

Recibirás no teu móbil un whatsapp cunha fotografía dunha carta feita por un neno, nena ou adolescente (seleccionado previamente polos Servizos Sociais do Concello de Pontevedra), esa carta incluirá tres desexos, e deberás mercar, polo menos, unha desas peticións.

Os agasallos teñen un custo aproximado de 35 euros, e non se permiten agasallos tecnolóxicos nin roupa para menores de 12 anos.

Deberás traer o agasallo antes do día 27 de decembro a Casa Azul (Sor Lucía 2, 3º, 36002 Pontevedra) para que os nenos, nenas e adolescentes poidan telo nas súas casas na noite de reis.

Para calquer dúbida podes contactar co 678754933 ou no 604024103

GRACIÑAS POLA TÚA COLABORACIÓN

https://docs.google.com/forms/d/1KG80PcbIMWFGKtFLy2mY8TnSlU2oF1-lXA4YSziy_A0/viewform?edit_requested=true

Xa estamos aquí de novo

Bo día

Regresamos coa campaña de agasallos de Nadal “En-volve”
Este ano gustaríanos, de novo, contar coa túa colaboración.
Como ves, comezamos con antelación, para poder planificar con tempo, e facilitar que sexa unha campaña segura para todas as persoas implicadas.
Ao igual que no ano pasado só se enviarán cartas vía whatsapp para evitar o contacto
presencial coas familias receptoras dos agasallos ata o momento da entrega.
Precisamos que sexas moi consciente do compromiso que adquires participando na campaña, e agradecémoste que, si non podes asegurar a túa participación, omitas inscribirte.
Si queres participar, adiante.

Neste formulario, podes enviarnos os teus datos.

https://docs.google.com/forms/d/1sXTxf3w-NSRQyedYCfddvForSLjTHitq1LshEMQ-III/edit

Agradecemos que o compartas cos teus contactos.

Un saúdo e graciñas

preguntas frecuentes

¿Qué teño que mercar?

Un dos agasallos que solicita o rapaz ou rapaza. Normalmente recomendamos mercar o primeiro que pide porque soe coincidir co que máis desexa, pero tamén valoramos que os cómplices elixan o que máis se amolde aos seus gustos.

¿Cantos cartos podo gastar?

Nós suxerimos un importe próximo aos 35 euros para que exista certa igualdade entre os agasallos que reciben os nenos, nenas e adolescentes.

Hai cartas que teñen agasallos con prezos que se disparan. Normalmente facemos filtro, pero en ocasións, entre preto de 600 cartas, hai cuestións que se nos escapan. Nese caso non o dúbides, descarta estes e tenta escoller o que se poda adaptar ao prezo límite. Esquece as marcas e tenta mercar algo semellante, ou directamente, pregúntanos.

¿Podo mercar os tres agasallos?

Si che apetece e tes esa posibilidade non temos problema, porén, agradecemos que nolo fagas saber porque pode suceder que teña irmáns e que os agasallos esten descompensados. Dese xeito tentaremos arranxalo dalgún xeito.

¿Dónde podo mercar?

Nós preferimos que merques os agasallos no comercio local, porén, hai demandas que chegan explícitamente dalgunha páxina web ou son complicados de atopar no noso entorno. Se tes dúbidas podemos axudarte.

¿E si non lle gusta o agasallo?

Normalmente soen pedir explicitamente o que desexan, pero pode ser que non se axuste ou non lle guste o agasallo, incluso que veña defectuoso. Por eso, agradecemos que solicites ticket regalo na tienda onde merques. Estamos negociando cos establecementos a posibilidade de ampliar o tempo de devolución. Se tes dúbidas, pregúntanos directamente.

Non me gusta a carta que me chegou ¿qué podo facer?

Entende que estes rapaces viven situacións familiares complicadas e, en ocasións, son parcos en palabras, ou fan cartas pouco atractivas. Nós tentamos animar a que conten algo da súa vida, pero en ocasións, resulta complicado.

Pode ser que os agasallos non se axusten ao esperado, falaremos posteriormente dalgunhas situacións.

Porén, si non te sintes a gusto coa carta que che tocou e prefires ter outra, non dúbides en coméntalo. Precisamos manter a ilusión tanto nos rapaces e rapazas coma nos cómplices, por eso seremos flexibles e tentaremos buscar unha solución.

Chegoume unha carta dun adolescente ¿Non o entendo?

A campaña está dirixida aos nenos, nenas e adolescentes de Pontevedra entre 0 e 18 anos. E non é por casualidade.

Entendemos que os adolescentes, habitualmente, quedan fora deste tipo de campañas, e sabemos que a eles (igual que a nós) tamén lles fai ilusión recibir algún agasallo nesa noite tan especial.

Moitas veces descoñecemos o que piden, pero ao igual que facemos o esforzo de tentar atopar un agasallo descoñecido para un bebé ou un neno ou nena pequena, non está de máis coñecer os gustos da mocidade (ainda que non temos porque coincidir con eles).

Chegoume unha carta onde piden un xogo para unha consola ¿Cómo pode ser posible?

Hai familias que hai tempo podían mercar unha consola, e agora atópanse nunha situación económica precaria. Desgraciadamente esto sucede.

Tamén pode ser que exista certa desorganización económica, pero nese caso, os rapaces serán os menos responsables.

Nós procuramos axustarnos aos desexos dos rapaces e as rapazas. Sempre que sexa posible.

Si tes dúbidas, consúltanos.

Graciñas pola túa colaboración

graciñas pola túa colaboración

Neste ano tan complicado, precisabamos a implicación de persoas coma tí, para que ningún neno, nena e adolescente de Pontevedra quedase sin agasallo na noite de reis.

Neste traballo en cadea, ti eres un eslabón moi importante. Por eso queremos agradecer especialmente a tua achega.

Todo comeza coa detección feita polas traballadoras sociais do Concello de Pontevedra, elas traballan coas familias vulnerables durante todo o ano e son as que coñecen, de primeira man, ás persoas en situación de vulnerabilidade do noso Concello.

Logo contactamos coas familias que se atopan en situación ou risco de exclusión social. Solicitamoslle que lles pidan aos seus fillos e fillas unha unha carta cos seus desexos para a noite de reis.

Hai cartas bonitas, cartas tristes, cartas pequenas, ou cartas emotivas, todas reflexan historias complexas. Aí entra en xogo o azar. Agardamos que si a tua carta non foi como esperabas, entendas que non todas as historias son iguais.

Despois está a xente coma tí, que colabora desinteresadamente na campaña e que merca o agasallo, agardamos que, con moita ilusión.

E nuns días todo rematará. Faremos chegar o agasallo á familia, e tentaremos que agarde ata a noite de reis para manter a ilusión.

Non sabemos si che gustou a carta ou si pensas que a campaña podería mellorarse dalgún xeito, por eso agradeceriamos que cubrises o seguinte formulario:

http://bit.do/fKUbX

Moitisimas gracias pola túa colaboración

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar