¿Qué teño que mercar?
Un dos agasallos que solicita o rapaz ou rapaza. Normalmente recomendamos mercar o primeiro que pide porque soe coincidir co que máis desexa, pero tamén valoramos que os cómplices elixan o que máis se amolde aos seus gustos.
¿Cantos cartos podo gastar?
Nós suxerimos un importe próximo aos 35 euros para que exista certa igualdade entre os agasallos que reciben os nenos, nenas e adolescentes.
Hai cartas que teñen agasallos con prezos que se disparan. Normalmente facemos filtro, pero en ocasións, entre preto de 600 cartas, hai cuestións que se nos escapan. Nese caso non o dúbides, descarta estes e tenta escoller o que se poda adaptar ao prezo límite. Esquece as marcas e tenta mercar algo semellante, ou directamente, pregúntanos.
¿Podo mercar os tres agasallos?
Si che apetece e tes esa posibilidade non temos problema, porén, agradecemos que nolo fagas saber porque pode suceder que teña irmáns e que os agasallos esten descompensados. Dese xeito tentaremos arranxalo dalgún xeito.
¿Dónde podo mercar?
Nós preferimos que merques os agasallos no comercio local, porén, hai demandas que chegan explícitamente dalgunha páxina web ou son complicados de atopar no noso entorno. Se tes dúbidas podemos axudarte.
¿E si non lle gusta o agasallo?
Normalmente soen pedir explicitamente o que desexan, pero pode ser que non se axuste ou non lle guste o agasallo, incluso que veña defectuoso. Por eso, agradecemos que solicites ticket regalo na tienda onde merques. Estamos negociando cos establecementos a posibilidade de ampliar o tempo de devolución. Se tes dúbidas, pregúntanos directamente.
Non me gusta a carta que me chegou ¿qué podo facer?
Entende que estes rapaces viven situacións familiares complicadas e, en ocasións, son parcos en palabras, ou fan cartas pouco atractivas. Nós tentamos animar a que conten algo da súa vida, pero en ocasións, resulta complicado.
Pode ser que os agasallos non se axusten ao esperado, falaremos posteriormente dalgunhas situacións.
Porén, si non te sintes a gusto coa carta que che tocou e prefires ter outra, non dúbides en coméntalo. Precisamos manter a ilusión tanto nos rapaces e rapazas coma nos cómplices, por eso seremos flexibles e tentaremos buscar unha solución.
Chegoume unha carta dun adolescente ¿Non o entendo?
A campaña está dirixida aos nenos, nenas e adolescentes de Pontevedra entre 0 e 18 anos. E non é por casualidade.
Entendemos que os adolescentes, habitualmente, quedan fora deste tipo de campañas, e sabemos que a eles (igual que a nós) tamén lles fai ilusión recibir algún agasallo nesa noite tan especial.
Moitas veces descoñecemos o que piden, pero ao igual que facemos o esforzo de tentar atopar un agasallo descoñecido para un bebé ou un neno ou nena pequena, non está de máis coñecer os gustos da mocidade (ainda que non temos porque coincidir con eles).
Chegoume unha carta onde piden un xogo para unha consola ¿Cómo pode ser posible?
Hai familias que hai tempo podían mercar unha consola, e agora atópanse nunha situación económica precaria. Desgraciadamente esto sucede.
Tamén pode ser que exista certa desorganización económica, pero nese caso, os rapaces serán os menos responsables.
Nós procuramos axustarnos aos desexos dos rapaces e as rapazas. Sempre que sexa posible.
Si tes dúbidas, consúltanos.
Graciñas pola túa colaboración
